[GA] En Ensamlandet a artista transmútase na súa nai, auténtica protagonista da exposición.
(...)
Deste modo, nun dobre movemento perfor- mativo, Anna Katarina Martin fala a través dela, á vez que fai falar a súa nai, alén dos lazos familiares, e baixo unha ollada artística máis que doméstica. Así, dálle voz a Ulla Kruse, unha perruqueira sue- ca que casou cun perruqueiro español emi- grado a Estocolmo. Ela representa ás primeiras xeracións de mulleres emancipadas profesionalmente en Suecia, que comeza- ron a traballar fóra da casa, en contras- te coa opresiva situación española da época.
(...) a artista quere renderlle unha ho-
menaxe a súa nai, que é presentada case coma un ser mítico -tal e como se pode apreciar na caixa de luz titulada Ulla Kruse- mais desde a humildade do cotián, ao ser tratada coma unha heroína anónima en medio dun mundo patriarcal.
(...)
O título Ensamlandet fai referencia á terra de soidade -tradución literal- que Ulla Kruse atopou cando chegou a España, e convértese no fío argumental das distintas pezas da mostra (...).
(...) Ulla Kruse rememora o seu pasado e chega a conclusión de que non debería ter aceptado determinadas situacións, mais non consigue explicarse porque non foi quen de frealas. Relata como na súa nova vida en España sentíase moi sola, mentres o seu marido traballaba todo o día ou chegaba tarde porque frecuentaba bares cos amigos. O illamento tamén ven dado porque ao prin- cipio apenas podía comunicarse de forma directa, (...). Revela como moitas veces lle tería gustado levantarse da cadeira, e deixar de ser a exótica e fermosa rapaza loura, sempre calada e cun doce sorriso nos beizos.
(...)
En definitiva, Ensamlandet fala dunha sociedade anticuada e machista, na que Anna Katarina Martin sérvese do mito da sueca para tratar de explicar o choque cultural entre a chamada modernidade nórdica fronte ao atraso social dos países mediterráneos da década dos sesenta.

Anxela Caramés
Extractos do ensaio da autora para a exposición: Emsanlandet (Terra de soidade), de Anna Katarina Martin. Publicado en Estado crítico1: 10 comisari*s 10 artistas. Difusora de Letras, Artes e Ideas, 2012.

 

 

[ES] En Ensamlandet la artista se transmuta en su madre, auténtica protagonista de la exposición.
(...)
De este modo, en un doble movimiento performativo, Anna Katarina Martin habla a través de ella, a la vez que hace hablar a su madre, más allá de los lazos familiares, y bajo una mirada artística más que doméstica. Así, le da voz a Ulla Kruse, una peluquera sueca que se casó con un peluquero español emigrado a Estocolmo. Ella representa a las primeras generaciones de mulleres emancipadas profesionalmente en Suecia, que comenzaron a trabajar fuera de casa, en contraste con la opresiva situación española de la época.
(...) la artista quiere rendirle un homenaje a su madre, que es presentada casi como un ser mítico –tal y como se puede apreciar en la caja de luz titulada Ulla Kruse– pero desde la humildad de lo cotidiano, al ser tratada como una heroína anónima en medio de un mundo patriarcal.
(...)
El título Ensamlandet hace referencia a la tierra de soledad –traducción literal – que Ulla Kruse encontró a su llegada a España, y se convierte en el hilo argumental de las distintas piezas de la muestra (...).
(...) Ulla Kruse rememora su pasado y llega a la conclusión de que no debió aceptar determinadas situaciones, pero no consigue explicarse por que no fue capaz de frenarlas. Relata como en su nueva vida en España se sentía muy sola, mientras su marido trabajaba todo el día o llegaba tarde porque frecuentaba bares con los amigos. El aislamiento también viene dado porque al principio apenas podía comunicarse de forma directa (...). Revela como muchas veces le hubiera gustado levantarse de la silla, y dejar de ser la exótica y hermosa chica rubia, siempre callada y con una dulce sonrisa en los labios.
(...)
En definitiva, Ensamlandet habla de una sociedad anticuada y machista, en la que Anna Katarina Martin se sirve del mito de la sueca para tratar de explicar el choque cultural entre la llamada modernidad nórdica frente al atraso social de los países mediterráneos de la década de los sesenta.

Anxela Caramés
Extractos del ensayo de la autora para la exposición: Ensamlandet (Terra de soidade) [Emsanlandet (Tierra de sole- dad)], de Anna Katarina Martin. Publicado en Estado crítico1: 10 comisari*s 10 artistas. Difusora de Letras, Artes e Ideas, 2012.

.

 
 
 
     

Texto original publicado en Colección 10 años Sala Alterarte( 2004-2014) pp. g5, 99, 153,

Colección Alterarte : 10 anos, [2004 - 2014]
[edición Xosé M. Buxán Bran e Ignacio García Gómez del Valle ] Ourense :
Difusora de Letras, Artes e Ideas, DL 2015
1a edición, 500 exemplares febreiro de 2015
Dep. Legal: OU 26-2015 ISBN: 978-84-92958-32-0

Descargar catalogo Colección Alterarte : 10 anos, [2004 - 2014 completo:
http://vicou.uvigo.es/docs/cultura/alterarte/Catalogo_alterarte-coleccion.pdf

 

             
  CONTACT